top of page

A conexión coa natureza está impresa nos xenes humanos dende fai millóns de anos, de aí xurde o concepto “Biofilia” amor polo vivo; a necesidade de conectar con espazos verdes para o noso benestar físico e psicolóxico.

Os espazos verdes foron perdéndose nas cidades, con consecuencias negativas para o medio ambiente e para os seus habitantes; por unha banda grandes fachadas de revestimentos inertes que absorben o calor producindo un amento de la temperatura – illa de calor -  quentamento global, e por outra banda a contaminación de CO2, así como a aparición de numerosas alerxias.

 

Necesitamos seguir formando parte da natureza aínda que vivamos en pequenos espazos e grandes cidades. Fronte a desconexión natural que implica vivir na cidade, e as consecuencias que isto provoca, xorden os sistema de naturación urbana - xerar natureza no asfalto -  como  unha excelente solución.

Actualmente estamos vivindo grandes cambios, as nosa cidades están avanzando cara o futuro mais sostible e saudable grazas a conciencia global e as novas tecnoloxías. Por iso hoxe en día lévanse a cabo políticas, coma pulmóns verdes nas cidades, corredores verdes para conectar fauna, xardíns urbanos, a demanda de enerxía limpa.

Todos queremos contribuír a este "ECOCAMBIO". Creemos que con este progreso formamos parte da solución máis integradora e ecolóxica para os seres vivos e para o planeta.

Nos propoñemos explorar este recurso espacial, aproveitar os espazos xa existentes como grandes fachadas, para cultivar natureza creando espazos verdes verticais, que contribúen a reducir o efecto illa de calor, mellorar a calidade do aire e a estética das cidades.

 

Por outra banda, a demanda de vivendas levou a construción de grandes edificacións onde a xente vive en pequenos apartamentos ca crenza de que para desfrutar dun xardín necesita espazos abertos; unha gran terraza, patio ou unha finca..nos dámoslle un xiro a todo isto e ofrecemos a posibilidade de introducir espazos verdes verticais, tanto dentro, fora das vivendas, podendo desfrutar de todos os beneficios dun xardín nun espazo reducido co seu propio sistema de automantemento.

¿E por que non ir mais alá?  mellorar a nosa estancia en zonas comúns como; lugares de traballo, hoteis, centros comerciais, para sentirnos cerca da natureza, para sentirnos noutro espazo que nos invite a desconectar, a reducir o estres, en definitiva aumentar o noso benestar.

Conectando ca natureza acadaremos o equilibrio físico e emocional tan desexado, o verde forma parte do noso ser, reproducindo o verde estamos cultivando o futuro.

bottom of page